top of page
BASES do 5º concurso de banda deseñada "O GARAXE HERMÉTICO" de Edicións XERAIS.
Despois do éxito da bd "A PROBA DE AUGA" de Anémona de Río gañadora no 2019, e de "NEREA, o príncipe da sorte" de Miguel Rojo e Pablo Prado, gañador no 2020 e "CÓSMICO, o bombeiro galáctico de Fonso Barreiro (FON), gañador no 2021 e O CADERNO DE RAMA de Ánxel con X, gañador no 2022. O CONCURSO DE BANDA DESEÑADA "O GARAXE HERMÉTICO" está dirixido aos alumnos/as e exalumnos/as de O Garaxe Hermético - Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración, promovido por edicións XERAIS e a Escola Profesional de BD creada por Kiko da Silva, chega a súa 5ª convocatoria.
​
Para participar tes que estar matriculado en 3º CURSO PROFESIONAL DE BD ou ser exalumno/a titulado no GARAXE HERMÉTICO. Entregar un libro rematado de bd de 48 páxinas mínimo e máximo 72 páxinas, de temática infantil - xuvenil a cor, en lingua galega, antes do 30 de novembro de 2023. O/a gañador/a obterá un contrato profesional e verá publicada a súa obra na colección Merlín Cómics de Edicións Xerais de Galicia.
bottom of page